El mayorazgo de Zas, asentado en la casa solariega de Santa María de Lamas (Zas, A Coruña), había sido fundado en 1540 por Álvaro Núñez de Lamas. Su hijo, Pedro Graíño de Lamas, casado con Inés de Moscoso, logra enlazar a su hija Urraca de Moscoso con el aspirante al vínculo de los Carballido, Diego Álvarez de Sotomayor y Lamas. Consúltese a este respecto C. Martínez Barbeito, Torres, pazos y linajes…, op. cit., pp. 328-331.
Esta parroquia foi o lar nativo dunha importante familia fidalga galega que toman o nome da propia freguesía: os Lamas. En base ós documentos consultados polo xenealoxista Crespo Pozo, a casa fidalga dos Lamas era
das primeiras e das mellores do reino de Galicia, dunha antigüidade que se remonta a principios do séc. XVI.
Neste vello documento describíase a desaparecida fortaleza que tiveron en propiedade nesta parroquia: "Una torre de cantería fundada sobre peñascos en cuadro, con una ventana a poniente en lo mas alto, a
la parte de la travesía, dos ventanas y en medio de ellas un escudo con estas armas: en los dos cuarteles de arriba, cinco lanzas con tres hojas de higuera a los pies dellas, que son las armas del apellido de
Lamas, segun dicen; y en el siguiente un león atravesado por una espada [símbolo dos Ozores]; y en los de abajo uno de ellos seis roeles [os Castro] y en el otro unos jaques en cuadrado, que son las armas de
los Sotomayor. A la parte del solano otra ventana, y debajo della una puerta a lo antiguo, estrecha; y a la parte del norte una puerta por donde se entra a la dicha torre; (...) y tendrá dicha torre dos picas de
ancho y cuatro de alto; y la cerca media muralla, y dentro della diferentes frutales: que todo manifiesta mucha antigüedad" (Crespo Pozo; 1962-III, 144).
Esta torre, situada no propio lugar de Lamas, desapareceu por completo. Por un tempo a casa que a substituíu conservou o seu escudo; ignoramos se aínda existe este brasón.
Neste documento tamén se describen os sepulcros e brasóns existentes na igrexa parroquial de S. Andrés de Zas (véxase o que publicamos nesta parroquia), pois un dos máis antigos membros desta familia, o "moi nobre cabaleiro" D. Álvaro Núñez de Lamas, señor de Sas e Brandomil, foi quen mandou construír, uns anos antes de 1540, o templo parroquial da vila que hoxe é capital do concello. A cada lado da capela maior ordenou poñer o sartego de súa nai, dona Costanza, e o seu propio. Hoxe o seu quedou incrustado no muro sur deste presbiterio, e o da nai está no
exterior do templo, adosado ó muro norte; neles aprécianse as
armas dos Lamas ("unha torre donxonada con dous cans con
colares ó seu pé"), que se tomarían en 1985 como base principal
do escudo oficial do Concello de Zas por ser a única liñaxe
autenticamente autóctona do municipio.
O dereito de presentación da parroquia de Lamas correspondeu tradicionalmente a un dos membros desta familia: no ano 1607 tal presenteiro era D. Diego Álvarez de Sotomayor, casado con
Dona Urraca de Moscoso e Lamas, descendente directa do fundador do vínculo.
Nos séculos posteriores os moradores da casa dos Lamas foron uníndose en matrimonio cos membros doutras casas nobres galegas, pasando os herdeiros deste morgado a residir fóra da freguesía e mesmo da comarca. En 1764, o único descendente deste vínculo, D. Joaquín de Lamas e
Sotomayor, quen, con moita fachenda enumeraba nos documentos unha restra de máis de vinte apelidos e títulos, residía na vila de Noia. Tanta restra de ilustres apelidos non lle serviron para que morrese sen descendencia, cousa humillante para un nobre por aqueles tempos.
A pesar de teren a presentación da parroquia, os Lamas non apadriñaron a creación de ningunha capelanía no templo da súa freguesía de orixe. Parece que tiveron máis interese en favorecer a veciña igrexa de Zas -xa entroncados cos Caamaño-, e aínda así non sempre cumpriron coas obrigas do seu padroado.
Nas terras de Lamas, seguramente houbo outra casa de fidalguía na aldea de Gomariz. Na documentación parroquial aparece un tal Fernando García de Gomariz, en 1563, fundando o altar ou capela lateral de san Bartolomeu no lado da epístola (sur) da igrexa e primeiro propietario
do pazo de Daneiro, segundo Martínez Barbeito (1986, p. 248).
No hay comentarios:
Publicar un comentario